Instala a túa empresa no CSA
Oficinas privadas e postos de coworking na mesma nave que os laboratorios, as salas e o resto de empresas do centro.

Oficinas
Oficinas privadas para empresas tecnolóxicas. A adxudicación avalíase segundo a aliñación da empresa cos obxectivos do proxecto.
- Tarifa
- 11,5 € por m² e mes
Coworking
Postos de traballo en espazo compartido, con acceso ás zonas comúns do edificio.
- Tarifa
- 60 € por posto e mes
[PENDENTE: que inclúe a tarifa (suministros, limpeza, acceso horario, internet)]
[PENDENTE: superficie e número de oficinas e postos libres]
Zonas comúns
Cafetería e zonas de descanso para quen traballa no edificio: para comer, falar cun café ou, se se prefire, traballar un anaco noutro ambiente.


Que supón estar dentro
Laboratorios ao lado
Os laboratorios de IA, medios, dispositivos e electrónica están no mesmo edificio.
Reserva directa de salas
Coa conta da túa empresa reservas unha franxa libre das salas sen esperar confirmación.
Ecosistema
Compartes edificio con 6 empresas instaladas e 6 de coworking, ademais do Clúster TIC Galicia e a Universidade da Coruña.
Como se solicita
- 1
Solicitude
Contas que fai a túa empresa, cantas persoas sodes e se precisas oficina ou postos de coworking.
- 2
Avaliación
O CSA valora a aliñación da empresa cos obxectivos do proxecto e a dispoñibilidade de espazo.
- 3
Incorporación
Se encaixa, acordades as condicións e a data de entrada.
[PENDENTE: prazos de resposta, criterios de avaliación e documentación que se pide]