Saltar ao contido
CSA

Historia

Unha nave da antiga Fábrica de Armas da Coruña, rehabilitada para a tecnoloxía.

Arco de pedra de entrada á antiga Fábrica de Armas da Coruña, coa inscrición «FABRICA DE ARMAS».

O CSA reúne laboratorios compartidos de intelixencia artificial, medios e dispositivos intelixentes, un atrio para eventos, salas de reunións e de formación, coworking e oficinas para empresas tecnolóxicas. Xestiónao unha sociedade con 13 entidades no accionariado, liderada polo Clúster TIC de Galicia e a Universidade da Coruña, con financiamento do IGAPE e fondos FEDER.

Fitos

  1. Fito

    O proxecto concíbese

    Ano de concepción do proxecto do Centro de Servizos Avanzados.

    Fachada monumental da Fábrica de Armas antes da rehabilitación, coa súa escalinata de acceso e o frontón clásico.
  2. Fito

    Cesión dos terreos da Fábrica de Armas

    Cesión dos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña.

    Fachada da nave con frontón clásico antes da rehabilitación, coas ventás rotas e a maleza no xardín.
  3. Fito

    Axuda do IGAPE de 4,8 M€

    Concesión da axuda do IGAPE de 4,8 millóns de euros.

    Vista do recinto da Fábrica de Armas antes da rehabilitación, coas súas naves aliñadas e a cidade ao fondo.
  4. Fito

    Concurso de deseño do edificio

    Convócase a licitación do proxecto de deseño e a coordinación de seguridade. Preséntanse 19 propostas, abertas polo xurado o 17 de novembro.

    Vestíbulo coa claraboia de vidreira heráldica no interior da antiga Fábrica de Armas.
  5. Fito

    Adxudicación do deseño

    Publícase a adxudicación do concurso. O proxecto de execución remátase en maio de 2021.

    Escaleira señorial de mármore no interior da Fábrica de Armas antes da rehabilitación.
  6. Fito

    Reparto de espazos dos primeiros edificios

    Prazo de solicitude para os catro primeiros edificios, uns 17.000 m². A resolución provisional publícase o 23 de xullo de 2021.

    Rúa entre as naves aliñadas do recinto da Fábrica de Armas antes da rehabilitación, cos primeiros edificios a ambos os lados.
  7. Fito

    Licitación da obra

    Convócase a licitación da construción, con prazo ata o 5 de outubro de 2021.

    Interior dunha gran nave industrial da Fábrica de Armas antes da obra, cos seus piares de formigón e maquinaria residual.
  8. Fito

    Comeza a obra

    Comeza a construción do edificio, que se completa en decembro de 2022.

    Nave da Fábrica de Armas coa súa grúa ponte antiga antes da rehabilitación: é o espazo que hoxe é o atrio.
  9. Fito

    Inauguración do CSA

    O Centro de Servizos Avanzados abre as súas portas o 20 de outubro de 2023.

    Vista xeral do atrio desde o alto: pasarelas laterais con oficinas acristaladas, grupos de butacas e sofás sobre o chan de formigón e a grúa amarela ao fondo.
  10. Evento

    Evento conoce a Oscar

    Hola oscar

Antes da rehabilitación

Fotografías do recinto antes da obra.

  • Nave industrial baleira da antiga Fábrica de Armas antes da rehabilitación, coa cuberta a dúas augas sobre piares de formigón.