Laboratorio de intelixencia artificial
Ve funcionar sistemas de intelixencia artificial antes de decidir e adestra os teus propios modelos nos servidores con GPU do CPD do edificio, sen comprar hardware.
Que é
Inclúe monitor de 85" e conexión directa aos servidores do edificio. Reserva previa obrigatoria.
Para quen é
- Direccións de planta que queren ver un sistema de imaxe, voz ou recomendación funcionando antes de investir
- Equipos técnicos que precisan potencia de cálculo para adestrar ou probar un modelo
- Empresas TIC que queren demostrar un produto de IA a un cliente
- Grupos de investigación que necesitan executar modelos nun contorno controlado
Que podes facer aquí
Comprobar unha solución antes de comprala
Organiza unha demostración co provedor e mira como responde con exemplos da túa actividade, nunha pantalla de 85" e con videoconferencia para quen non estea na sala.
Adestrar un modelo cos teus datos
Usa os servidores con GPU do centro de procesado de datos para experimentar sen montar infraestrutura propia nin esperar a unha compra.
Executar inferencia nun contorno controlado
Proba o modelo xa adestrado sobre os servidores do CPD e comproba se o seu rendemento encaixa no teu proceso antes de levalo a produción.
Presentar resultados
A sala está preparada para ensinar o traballo a dirección ou a clientes: pantalla grande, videoconferencia e conexión directa aos servidores.
Equipamento
- monitor de 85"
- sistema de videoconferencia
- servidores con GPU no centro de procesado de datos (CPD)
Servizos
Adestramento e inferencia de modelos
Servidores especializados no centro de procesado de datos, con varios niveis de servizo.
[PENDENTE: tarifa do servizo]
Como reservalo
Reserva previa obrigatoria. Cóntanos que queres probar e en que datas; o equipo do CSA confirma a dispoñibilidade e o nivel de servizo dos servidores.