Colaboramos con XSCALE A Coruña, soft landing para scaleups internacionais

🌐 Dende o Clúster TIC Galicia colaboramos con XSCALE A Coruña, a primeira iniciativa de inmersión e soft landing do territorio para scaleups internacionais que queren entrar no mercado europeo dende a nosa comunidade.
No marco deste evento, organizado pola Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial, o luns 26 de outubro celebrarase a xornada «Meet the Scaleups» no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC, onde 16 scaleups procedentes de Europa, América e África presentarán os seus proxectos de escalado ao ecosistema galego. Trátase de iniciativas:
▸ Con tracción comprobada no seu mercado de orixe e algúns en rolda de investimento activa.
▸ Cun investimento total previsto para o seu escalado de 6,77 M€.
▸ Pertencentes aos sectores: IA aplicada e axéntica, ciberseguridade, tecnoloxías inmersivas (XR/VR), eSaúde, biotecnoloxía, enerxías renovables, ConTech, Industria 5.0, agritech e economía circular.
O programa continuará o martes 27 no Club Cámara Noroeste co «Invest in A Coruña Forum», o «Innovate in a Coruña» e pitches das scaleups, no marco de «Exporpymes», un evento empresarial da Cámara de Comercio de A Coruña para promocionar produtos galegos en máis de 30 países.
O mércores 28 de outubro, a través de UDC Conecta, realizaranse visitas a centros de investigación e tecnolóxicos galegos, como o CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña, coa presentación do CITEEC - Research & Innovation Centre on Civil Engineering and Building; o CICA UDC Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, coa presentación do Center for Research in Marine and Industrial Technologies; e peche de xornada no museo MEGA Mundo Estrella Galicia.
📲 Confirma a túa asistencia: https://tally.so/r/xXeNrE
ℹ️ Identifica previamente os proxectos que máis che interesen:
https://lnkd.in/de_HmATn
Cámara de Comercio de A Coruña | Port Authority of A Coruña | Universidade da Coruña | Concello da Coruña | ESTRATEGA consulting | IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica)

