Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Colaboramos un ano máis en «Que non te líen, ti elixes»

Colaboramos un ano máis en «Que non te líen, ti elixes»

👩‍🏫 Un ano máis, colaboramos en "Que non te líen, ti elixes"! O programa da Xunta de Galicia para incentivar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados, como o TIC.

Durante este mes, trece mulleres profesionais das nosas empresas socias achegarán a súa experiencia no ámbito laboral a estudantes de 3º e 4º da ESO de distintos centros educativos da Coruña, Pontevedra e Lugo para promover unha escolla formativa e profesional libre de estereotipos de xénero.

👏 Dende aquí queremos agradecerlles o seu compromiso e predisposición 👇

▸ Dulce Gonzalez, IoT Team Leader en cinfo Company.
▸ Lucía Martínez Grela, backend developer en cinfo Company.
▸ María Xosé Saborido, coordinadora do Departamento de Soporte Técnico de Dinahosting S.L..
▸ Natalia García Álvarez, senior B2B presales & implementation specialist en R Galicia.
▸ Yudani Riobó Gestido, head of Innovation en Quobis.
▸ Tamara Cutrín Millán, responsable de Personas y Cultura en TEIMAS.
▸ Jessica Penela Fernández, senior developer .NET Core & React en ALDABA.
▸ Irene González Fernández, team leader en NTT DATA.
▸ Miriam Breijo Fachal, project manager en NTT DATA.
▸ Jennifer Dubra, senior technical lead en NTT DATA.
▸ Lluvia Montero, técnica de Recursos Humanos y responsable de Igualdad y Diversidad en Grupo Femxa.
▸ Sandra Ameijeiras Lema, directora del área TI en DOS ESPACIOS.

https://lnkd.in/eYpG_WdR