Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Concluímos a xornada Proxectos IA360 no CSA Cidade das TIC

Presentamos os resultados dos «Proxectos IA360» no CSA Cidade das TIC

🔴 Concluímos a xornada Proxectos IA360 no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC, na que contamos coa presenza de Patricia López Quintiá, subdirectora de Innovación Empresarial do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), e na que se puxo de manifesto o potencial en materia de innovación das compañías TIC galegas, socias da nosa entidade, a través das súas solucións tecnolóxicas ⤵️

🔹 Vinte propostas que reflicten unha aposta clara pola intelixencia artificial como motor de mellora da produtividade, da eficiencia operativa e da calidade dos servizos, tanto na Administración como en diferentes sectores.

🗣️ “O programa IA360 do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) demostra que as empresas galegas non só adoptan intelixencia artificial, senón que, cos apoios suficientes, teñen a capacidade e o talento precisos para desenvolver solucións reais que dean resposta a retos económicos, sociais ou corporativos”, destacou o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodriguez Del Corral.

➡️ Esta convocatoria, cofinanciada con fondos europeos NextGenerationEU, está a permitir acelerar o deseño e a chegada ao mercado de tecnoloxías estratéxicas. “Estas vinte iniciativas son só un exemplo do enorme potencial das nosas compañías para competir a nivel global desde o territorio, xerando coñecemento, emprego cualificado e valor engadido”, sinalou del Corral.

👏 Grazas ás nosas empresas asociadas polo seu traballo e por seguir consolidando o sector TIC como un dos principais motores económicos e sociais de Galicia: Avansig, cinfo Company, Deicom Technologies, EMETEL, GALVIN TECNOLOGICA SL, ILUX Visual Technologies, imatia, imaxin, In2AI, Plexus Tech, Prefapp Cloud Consulting S.L., Quobis, Situm Indoor Positioning, Sixtema, SREC Solutions, Tesla Technologies & Software, S.L., Torusware, TripleAlpha, Visual Publinet e R Galicia, que presentou a iniciativa AI4B, que suporá a instalación na nosa comunidade dunha plataforma de IA orientada ao mercado B2B nacional.

ℹ️ https://lnkd.in/e6unB7XM