Encontro dos Grupos de Traballo de IA, Internacionalización e Talento

👥 O pasado venres organizamos un encontro en Santiago de Compostela cos Grupos de Traballo de Intelixencia Artificial, Internacionalización e Talento da nosa entidade para facer balance das actividades realizadas no que vai de ano e concretar as vindeiras accións de cada área 👇
🌐 Intelixencia Artificial ➭ presentouse a infraestrutura do CSA da Cidade das TIC e a súa capacidade de cómputo, a disposición das empresas socias que estean desenvolvendo proxectos relacionados con IA, e avanzouse na posibilidade de desenvolver unha "mini-AGI galega".
🌍 Internacionalización ➭ establecéronse como prioridades a asistencia a Tech Show Madrid, a participación nunha misión empresarial inversa a Galicia e nunha a China en 2027.
📑 Talento ➭ abordáronse diferentes temas relacionados coa formación, as microcredenciais, a medición do clima laboral e actividades deportivas entre profesionais das compañías socias.
Concluídas as sesións dos GT, celebramos a reunión do Comité de Dirección, na que homenaxeamos a Jose Angel Veiga, que durante 14 anos exerceu como vogal da nosa entidade en representación de SATEC Group.
Quixemos agradecer así a súa ampla dedicación á nosa entidade e a súa contribución ao desenvolvemento do ecosistema TIC de Galicia durante tantos anos. Un recoñecemento para poñer en valor a súa dilatada traxectoria, caracterizada polo liderado territorial e unha visión estratéxica que o converten nunha das figuras de referencia do sector tecnolóxico galego. Grazas! 👏

