Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Intensa semana de actividade: «Tecendo Sectores» e Innterconecta STEP 2026

Intensa semana de actividade: «Tecendo Sectores» e Innterconecta STEP 2026

🔴 Comezamos a semana cunha intensa actividade! 👇

🧵 Santos Cavero Pérez, IT Consultant na nosa entidade, participou na xornada “Tecendo Sectores”, organizada por Cointega (Clúster Textil-Moda de Galicia) en Vigo. O encontro reuniu a profesionais e axentes de diferentes ecosistemas estratéxicos de Galicia, ademais do tecnolóxico e téxtil-moda, tamén do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar e do Cluster Saúde de Galicia, CSG.

Durante as súas intervencións, os diferentes relatores, entre eles, Javier Martínez Torres, CEO da nosa asociada Possible Incorporated, puideron compartir coñecementos, identificar puntos de conexión e explorar oportunidades de colaboración que poidan dar como resultado novos produtos, servizos ou modelos de negocio.

🗞️ https://lnkd.in/dcUx-gjb

🚀 Estivemos tamén na Cidade da Cultura de Galicia, no marco da presentación de Innterconecta STEP 2026, organizada pola Axencia Galega de Innovación, en colaboración co CDTI Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación.

Esta convocatoria, dotada con 138 M€, ten como obxectivo apoiar proxectos de I+D liderados por empresas nun dos ámbitos tecnolóxicos STEP ⤵️

🔹 Tecnoloxías dixitais
🔹Tecnoloxías limpas e eficientes no uso de recursos
🔹 Biotecnoloxías

No marco destas subvencións cofinanciadas con fondos FEDER, Galicia contará cun orzamento de 51 M€, sendo a primeira Comunidade Autónoma en volume de axudas.

⏳ Máis información sobre a convocatoria, que abrirá en outubro, aquí:
https://lnkd.in/esTrqgJG

🤝 Asitimos tamén ao lanzamento da segunda edición de "O Noso Reto Solidario", que convoca a Fundación Roberto Rivas, en colaboración coa Fundación Botín e a Asociación AMICOS.

Unha iniciativa que busca potenciar a innovación, o emprendemento social e a cooperación no ámbito da economía social galega a través de catro ámbitos estratéxicos de actuación vinculados ás necesidades reais de Galicia:

✔️ Xeración de emprego e oportunidades de inclusión social para persoas en situación de vulnerabilidade.
✔️ Fomento do arraigamento e as oportunidades no medio rural a través de novos servizos ou liñas de negocio inclusivas e sostibles.
✔️ Mellora dos coidados e a autonomía de persoas maiores ou dependentes.
✔️ Fortalecemento de comunidades rurais máis conectadas mediante redes de apoio e cooperación.

🗞️ https://lnkd.in/dQxfzcjP
🌐 https://lnkd.in/dv83Xam9