O Clúster TIC Galicia na XII Xornada da Industria Maker Faire Galicia

🤖 Hoxe estamos na XII Xornada da Industria Maker Faire Galicia, unha iniciativa que apoiamos pola súa visibilización de proxectos inspiradores e polo seu impulso á cultura emprendedora.
Inaugurada por Covadonga Toca Carús, directora xeral do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), a sesión conta coa presenza de talento galego no ámbito de tecnoloxías estatéxicas, como 👇
⇾ Dr. Elena Martínez Martínez, doutora en Biotecnoloxía e cofundadora do BlueGea Group, cuxo traballo se centra na xeración de valor a partir do sargazo.
⇾ Beatriz Pelaz, 'Premio Nacional de Investigación para Jóvenes', líder do grupo BioNano Tools no CiQUS - Center for Research in Biological Chemistry and Molecular Materials da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
⇾ Eva Cayetana Somolinos Olmo, vicepresidenta da Fundación Proyecto AcercArte e directora executiva de SYNESTEC, que desenvolveu unha terapia dirixida a frear o progreso de enfermidades neurodexenerativas.
⇾ Daniel Seijo, creador do fondo Civeta Investments Investment, dirixido a startups, e cofundador de Hawkings Education, onde aplica IA á xeración de contidos e ferramentas educativas.
⇾ Gonzalo Blazquez Gil, PhD, responsable de AI e Quantum Manager no ITG Technology Center, que falará sobre a tecnoloxía cuántica na actualidade e as perspectivas do sector.
🔬 A Xornada da Industria inclúe, ademais, unha selección dos mellores proxectos presentados ao call for makers, así como unha mesa dedicada ao talento emerxente con: Guillermo Díaz Camacho, do CESGA, Iria Ollero Cadilla, de InmeRsiVa, Maria de la Fuente Freire, cofundadora de DIVERSA Technologies, e Pablo Cabanelas, cofundador e CEO de Neutron Insights.

