Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

O CSA Cidade das TIC albergará o desenvolvemento da plataforma IA4B de MasOrange

O CSA Cidade das TIC albergará o desenvolvemento da plataforma IA4B de MasOrange

O Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC albergará o desenvolvemento da plataforma IA4B de MasOrange, un proxecto de intelixencia artificial para facilitar o acceso a esta tecnoloxía a pemes de toda España.

Con esta solución, o grupo ao que pertence a nosa asociada R Galicia, busca democratizar o uso e os beneficios da IA e mellorar a produtividade e competitividade das empresas. «IA4B (...) automatiza tarefas críticas, protexe os seus datos baixo normativa europea e permítelles arrincar rápido cun catálogo listo para usar e escalar segundo o negocio», sinala Alfredo Ramos, director de R Galicia e do grupo MasOrange en Galicia.

«É unha gran oportunidade para o sector TIC contar con programas como o de Infraestruturas Estratéxicas Abertas do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) para que a Cidade das TIC e Galicia poidan acoller un proxecto coma este, que quere ser relevante para unha IA empresarial útil e soberana a nivel nacional», sinala Antonio Rodriguez Del Corral presidente do Clúster TIC Galicia e administrador do CSA.

A iniciativa arrincará con máis dun centenar de casos de uso listos para adaptar en agricultura, industria, cultura e servizos. «O obxectivo destes traballos iniciais será medir o aforro de tempo, mellorar a calidade dos procesos e calibrar o impacto en vendas, con indicadores compartidos e gobernanza desde o CSA», sinalan dende o operador de telecomunicacións.

https://lnkd.in/eEvqPXri