Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Plan Director da Industria TIC: a Xunta como motor de innovación dixital

Plan Director da Industria TIC: a Xunta como motor de innovación dixital

🔷 Seguimos desvelando novos puntos do Plan Director da Industria das TIC. Nesta ocasión, poñemos o foco no papel da Xunta de Galicia como motor de innovación dixital e escaparate das solucións tecnolóxicas desenvolvidas no noso territorio.

▪️ Para visibilizar estas capacidades, a Administración galega prevé lanzar campañas de difusión dentro e fóra de Galicia, ademais de organizar un evento tecnolóxico de alto nivel, en colaboración coa AESIA - Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial e outras entidades de referencia.

▪️ Entre os seus obxectivos tamén está a posta en marcha do Ecosistema Gobtech Galicia, que permita xerar un marco de colaboración para desenvolver solucións baseadas en tecnoloxías intelixentes aplicadas á Administración pública.

▪️ Ademais, elaborará a Estratexia do Dato do Sector Público Autonómico, aliñada coas tendencias europeas e que garanta unha xestión adecuada dos datos públicos. Esta iniciativa engloba, entre outras medidas, a creación dun catálogo de datos para facilitar a súa reutilización por parte das empresas e centros de I+D+i.

ℹ️ Accede ao Plan Director completo, aquí: https://lnkd.in/dJVv8Ue3