Plan Director da Industria TIC: medidas para a dixitalización sectorial

⏺️ No ámbito da dixitalización sectorial, o Plan Director da Industria das TIC engloba diferentes medidas para acadar este obxectivo. Neste sentido, dende o Clúster TIC Galicia identificaremos, en coordinación con outros clústeres sectoriais, os principais retos dixitais a abordar.
▸ Promoveranse, ademais, proxectos centrados no desenvolvemento de algoritmos e procesado de datos para crear unha plataforma propia e independente baseada en IA, ao servizo de compañías TIC e doutros sectores.
▸ Analizarase o impacto social do sector tecnolóxico mediante o desenvolvemento de solucións de big data, a través da nosa entidade, orientadas a mellorar a transparencia e para o seguimento das políticas públicas.
▸ Crearase un data lake que permitirá monitorizar o propio Plan Director da Industria TIC.
▸ Impulsaranse pilotos colaborativos entre startups e medianas e grandes empresas para favorecer a adopción de novas tecnoloxías e a creación de oportunidades de colaboración.
▸ Lanzarase un programa de apoio ás pemes que proporcione formación, asesoramento e un mellor coñecemento do ecosistema TIC galego, a través do portelo único, no que estamos a traballar, ou do sistema de certificación das capacidades tecnolóxicas galegas.
🗂️ Afonda en todas as accións do plan ⬇️
https://lnkd.in/dJVv8Ue3

