Presentamos Allocate A Coruña á delegación da misión inversa no CSA Cidade das TIC

▶️ Onte tivemos a oportunidade de dar a coñecer o proxecto Allocate A Coruña á delegación da misión inversa que nos visitou esta semana.
Fixémolo no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC e foi o Concello da Coruña -como líder da iniciativa-, o que explicou en que consiste a través do seu concelleiro de Educación, Formación Tecnolóxica e Innovación, Juan Ignacio Borrego Vazquez.
🔵 O proxecto europeo Allocate, no que colaboramos como socios xunto á Universidade da Coruña, Altia e Khora Urban Thinkers, contempla, entre outras cuestións, impulsar solucións tecnolóxicas, baseadas en IA verde e responsable, para afrontar retos cotiáns das cidades, como a mobilidade, a xestión de residuos ou a atención á cidadanía.
Con este encontro despedimos aos 14 representantes institucionais e directivos de Arxentina, Uruguai, Guatemala e Panamá que percorreron Galicia estes días para coñecer in situ o potencial do sector TIC galego. Unha experiencia moi enriquecedora que estamos seguros de que servirá para tender novas pontes ao outro lado do Atlántico 🌎 Moitas grazas!

