Presentamos os resultados dos «Proxectos IA360» no CSA Cidade das TIC

🗓 Apunta na túa axenda! O vindeiro xoves 22, ás 10:00 h, presentaremos no Centro Regional de Servicios Avanzados, S.A. (CSA) da Cidade das TIC os resultados dos "Proxectos IA360 - Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación con IA”, que as empresas socias execuntaron dentro da convocatoria #IA360 lanzada en 2025 polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), no marco do Plan de Recuperación,Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Trátase dunha oportunidade única para coñecer como 21 entidades socias aplicaron a Intelixencia Artificial a procesos e produtos, así como para explorar vías de colaboración e aproveitar sinerxías derivadas dos desenvolvementos realizados. Ademais, a asistencia é aberta e gratuíta.
➲ Podes inscribirte aquí!: https://lnkd.in/epEru4yg

