Primeira mesa de traballo do proxecto europeo #ALLOCATE no CSA Cidade das TIC

🚨 Se es unha empresa tecnolóxica da provincia da Coruña 👉 Participa na primeira mesa de traballo do proxecto europeo #ALLOCATE!
O obxectivo é identificar as principais barreiras que atopan as organizacións á hora de adoptar proxectos no ámbito da IA, definir accións conxuntas que contribúan a superalas, así como impulsar o uso dunha IA verde, ética, eficiente e próxima.
📍 14 de abril, de 10:30 a 12:30 h, no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC (A Coruña)
📩 Se queres participar, escríbenos a: info@clusterticgalicia.com
Este proxecto, financiado por FEDER no marco da European Urban Initiative, está liderado polo Concello da Coruña, e dende o Clúster TIC Galicia colaboramos como socios xunto á Universidade da Coruña, Altia, Khora Urban Thinkers, a Câmara Municipal de Viana do Castelo, City of Heidelberg e Comune di Reggio Emilia.
🔗 https://lnkd.in/eDjJNHtV
🔗 https://lnkd.in/ez-H2W3W

