Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Santiago Paz Noya participa no Smart City Expo World Congress de Barcelona

Santiago Paz Noya participa no Smart City Expo World Congress de Barcelona

O vicepresidente de Pequenas Empresas da nosa entidade e CEO de DOS ESPACIOS, Santiago Paz Noya, participará no Smart City Expo World Congress de Barcelona 👇

En concreto, intervirá na mesa sobre "Exportación do ecosistema español de Smart Cities: o caso do turismo intelixente" xunto a Alejandro Mullor, Worldwide Public Sector, Tourism Lead en Microsoft Corporation.

Durante a conversa, ambos expertos abordarán a internacionalización de plataformas urbanas e de destinos turísticos intelixentes, aproveitando o crecente interese de Latinoamérica.

O encontro, organizado por AMETIC no marco da ágora do Ayuntamiento de Las Rozas de Madrid, estará moderado por John Mora Williams, vicepresidente da Comisión de Smart Cities e Coordinador do Grupo de Traballo de Turismo Intelixente de AMETIC.

📆 3 novembro, ás 16:25 h
📍 Pavillón 3, stand D70

https://lnkd.in/dP4MtReA

Santiago Paz Noya participa no Smart City Expo World Congress de Barcelona · CSA