Eixe 4 do Plan Director da Industria TIC: novas infraestruturas científico-tecnolóxicas

O Eixe 4 do Plan Director da Industria das TIC de Galicia pon o foco en impulsar novas infraestruturas científico-tecnolóxicas que permitan avanzar en ámbitos estratéxicos como 👇
▪️ Semicondutores e chips: aproveitando o coñecemento das universidades e dos centros tecnolóxicos galegos búscase atraer novos proxectos de investimento e desenvolver unha capacidade industrial e innovadora propia. Un bo exemplo disto é SPARC, iniciativa xurdida da Universidade de Vigo.
▪️ Comunicacións satelitais: reforzarase a industria espacial galega e o desenvolvemento de capacidades vinculadas a este tipo de comunicacións, á ciberseguridade e ás tecnoloxías cuánticas.
▪️ Ciberseguridade: consolidarase a rede galega de laboratorios especializados nesta área nos centros de I+D+i, incluídos os de Gradiant, o ITG Technology Center, o CTAG – Centro Tecnológico de Automoción de Galicia e a Universidade de Vigo.
▪️ Intelixencia artificial aplicada: promoverase a creación dunha rede de centros de experimentación e demostradores de IA que facilite o desenvolvemento de solucións baseadas nesta tecnoloxía para distintos sectores e permita poñer en valor os datos públicos como activo para a innovación.
🔗 Máis medidas aquí:
https://lnkd.in/dJVv8Ue3
#PlanDirectorIndustriaTIC
#Galicia

