Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Lanzamento oficial do proxecto Allocate no CSA Cidade das TIC

Lanzamento oficial do proxecto Allocate no CSA Cidade das TIC

Hoxe, no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC, lanzouse oficialmente o proxecto #Allocate, liderado polo Concello da Coruña e do que formamos parte como socios xunto á Universidade da Coruña, Altia e a consultora Khora Urban Thinkers.

Esta iniciativa, que conta cun total de 5,5 M€ de investimento, facilitará, entre outras cuestións, o acceso das empresas a grandes bases de datos que permitan implantar sistemas de mellora na mobilidade e na xestión de residuos mediante diferentes aplicacións.

O presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodriguez Del Corral, presente no evento, destacou que «Allocate é excepcional pola combinación de liderado público, colaboración con universidades e empresas tecnolóxicas, e por abrir datos municipais ao servizo de toda a cidadanía e do sector TIC».

O acto contou tamén coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, do director xeral da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño Iglesia, do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e do director xeral da AESIA - Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial, Ignasi Belda.

Entre os representantes das compañías que forman parte do proxecto, estaban Ramón Costa, de Altia, e Daniel Ayala Serrano, arquitecto en Khora Urban Thinkers.

📰 https://lnkd.in/d9myAYTX