Primeiros pasos cara a unha comunidade de computación local na Coruña con #ALLOCATE

🔴 Dar os primeiros pasos para a creación dunha comunidade de computación local no Concello da Coruña que avance cara unha IA sostible, ética e accesible.
Este é o principal obxectivo da xornada que mantivemos hoxe no Centro de Servicios Avanzados (CSA) Cidade das TIC xunto a empresas do ecosistema tecnolóxico coruñés e outros socios do proxecto europeo #ALLOCATE, como o propio consistorio -que lidera a iniciativa-, a Universidade da Coruña, Altia ou Khora Urban Thinkers.
#ALLOCATE, financiado polo FEDER a través da European Urban Initiative, busca así reforzar a competitividade do sector TIC da Coruña ofrecendo formación, facilitando o seu acceso a datos urbanos reais e unha infraestrutura de hardware e software orientada ao adestramento de algoritmos para desenvolver solucións de IA que melloren o servizo público de bicicletas e a mobilidade sostible, o sistema de alertas cidadás e a recollida e xestión de residuos.
ℹ️ https://lnkd.in/e9zTV2Gi

