Saltar ao contido
CSA, Centro de Servizos Avanzados. Cidade das TIC · A Coruña, ir ao inicio

Recibimos a delegación da misión inversa «GovTech» de Arxentina, Guatemala, Panamá e Uruguai

Recibimos a delegación da misión inversa «GovTech» de Arxentina, Guatemala, Panamá e Uruguai

🔴 Hoxe recibimos á delegación procedente de Arxentina, Guatemala, Panamá e Uruguai, no marco da misión inversa que organizamos en colaboración coa Xunta de Galicia baixo o lema «GovTech: Innovación, seguridade e cooperación».

O presidente da nosa entidade, Antonio Rodriguez Del Corral, o director da Área de Internacionalización do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), Augusto Alvarez-Borrás Massó, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, deron a benvida aos catorce representantes de organismos públicos e privados que percorrerán Galicia ata o xoves para coñecer de preto o ecosistema tecnolóxico galego.

Esta edición poñemos o foco na estratexia de transformación dixital da Administración, na posta en común de modelos de gobernanza tecnolóxica pública, así como en políticas e programas de apoio á innovación.

🌎 Trátase dunha oportunidade para que as empresas socias presenten as súas solucións máis destacadas relacionadas coa IA, a ciberseguridade ou a IoT, establezan contactos directos con diferentes axentes de Latinoamérica e exploren posibles vías de colaboración e de entrada nos diferentes países convidados.

A delegación visitará, ademais, algúns dos polos de innovación máis importantes do noso territorio, como a Cidade das TIC da Coruña e o Parque Empresarial do Porto do Molle, situado en Nigrán, así como os principais centros tecnolóxicos e de investigación de Galicia.

https://lnkd.in/dcwaDBAN